Barra superior

Aviso legal

COGACE SOC. COOP. GALEGA, (en adiante Cogace), con sé social en: Recinto Feiral de Lugo, O Palomar, s/n - Local 5 - 27004 Lugo (España) e titular da páxina web "www.viteval.es" infórmalle que:

De acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos así como en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o usuario acepta que os datos persoais aportados no momento do seu rexistro, ou calquera outro, facilitado a Cogace para o seu acceso a algúns dos servizos da web, sexan incorporados a un ficheiro titularidade de Cogace, coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, para a correcta identificación dos usuarios que solicitan servizos personalizados en "www.viteval.es", para a realización de estudios estatísticos dos usuarios rexistrados que permitan deseñar melloras nos servizos prestados, para a xestión de tarefas básicas de administración, así como para manterlle informado, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades, productos e servizos relacionados con Cogace. No caso de comunicacións comerciais a través de correo electrónico ou medio equivalente, o usuario presta o seu consentimento expreso para o envío de publicidade a través de dito medio.

Cogace se compromete ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade, e asume a estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e demais lexislación aplicable.

O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose Cogace o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que teña facilitado datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.

Calquera usuario rexistrado pode en calquera momento exercer o dereito a acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos de carácter persoal subministrados, mediante petición escrita, axuntando unha fotocopia do DNI e indicando o dereito a exercitar a: COGACE SOC. COOP. GALEGA (Recinto Feiral de Lugo, O Palomar, s/n - Local 5 - 27004 Lugo (España)).


Recinto Feiral de Lugo
O Palomar s/n, Local nº 5
27004 Lugo
Telf. 982 246 762 - Fax 982 246 762