Tenreira ecolóxica: "Sabes o que comes"

Viteval é a nova marca comercial da Cooperativa Galega de Carne Ecolóxica (Cogace). Unha carne de tenreira de Galicia saborosa e producida do xeito máis natural para proporcionar satisfacción e saúde ao consumidor.

A carne de Viteval presenta o aval dunha alimentación baseada no leite materno e o pasto, cun mínimo aporte de cereal triturado. Os animais así criados sacrifícanse entre os 8 e os 11 meses de idade.

  • Volver al inicio
  • Contacto
  • Mapa web
  • Despece
  • Trazabilidade
  • Receitas

Actualidade

Trazabilidade

Por primeira vez en España, as bandexas de Viteval incorporan un código numérico de trazabilidade que permite acceder a calquera dato sobre a procedencia do produto.

Este código pode introducirse na páxina web de Viteval e permite coñecer non só os puntos de crianza, sacrificio e despece, senón tamén a filiación do animal, a súa alimentación, peso e historial sanitario completo.


Se neste momento non dispón de ningún código de identificación e desexa ver o funcionamiento do sistema, utilice o valor 134.


Recinto Feiral de Lugo
O Palomar s/n, Local nº 5
27004 Lugo
Telf. 982 246 762 - Fax 982 246 762