Introducción
O proxecto levado a cabo consiste na creación dun sistema que realiza unha trazabilidade individual e completa da nosa carne de vacún dende o seu orixe (granxa) ata o punto de venta, chegando incluso á diferenciación entre bandexas.
Ten dous fins básicos: facilita a xestión de todos os operadores ou axentes da cadea e xera maior confianza no consumidor.
A súa aplicación, servíndose de diferente software e hardware, ten lugar en diferentes puntos ou axentes: granxas, matadoiro e/ou sala de despece, comercializador, centro de control e servidor centralizado de datos; servindo Internet de vehículo de unión para intercambio de información entre todos eles.
Orixe e evolución da idea
O proxecto comezou fai máis de dous anos, nos primeiros meses de 2005, cando a cooperativa detectou unha necesidade no sector agroindustrial e gandeiro. Ésta consistía na dificultade de ofrecer ós nosos clientes máis información sobre o producto que estaban consumindo. Para eso serviuse da trazabilidade, que se ben xa é obrigatoria pola actual normativa europea, conseguiuse levala máis alá do mínimamente esixido, ofrecéndolle ó consumidor toda a información que este puidese demandar á hora de buscar unha carne de confianza.




